viernes, 23 de junio de 2017

XOGOS POPULARES 2017

Unha boa despedida do curso escolar é facelo xogando cos nosos compañeiros,  e esto foi posible gracias  ó esforzo, coordinación  e paciencia do alumnado de sexto curso, que ano tras ano dan o mellor deles para que o pasemos ben. Rematamos a xornada cunha merendola aportada polas  familias.
Moitas gracias a todos e todas!!!

ETWINNING

O noso centro participou neste curso no proxecto europeo ETWINNING. Trátase dun proxecto colaborativo entre varios colexios europeos, no que dende a área de inglés tratamos de darlle un sentido máis significativo e motivador no emprego da lingua estranxeira. 
Colaboramos cos proxectos "My town" e "Me and my country" cos seguintes colexios:
  • Scoala Gimnaziala Nr.3 Lugoj, Rumania.
  • Skola Podstawowa im. Króla Zygmunta Augusta w Wasilkowie, Polonia.
  • Arkarasi Likokulu, Turquía.
  • Colegio Madre María Rosa Molas, España.
  • Colegiul Tehnic de Transport Ferroviar Anghel Saligny, Rumanía.
  • Edirne Bahcesehir Koleji, Turquía.
  • ICS P. Mattej di Formia, Italia.
  • Ozel Corlu Bahcesehir Orta Okulu, Turquía.
  • Özel GOP Sefkat Likögretim Okulu, Turquía.

Estes foron algúns dos traballos elaborados polo noso alumnado.


PROFIT IN PEACE



Playback grabado polo alumnado de 6º pola conmemoración do día da Paz.

martes, 20 de junio de 2017

AITOR E OSCAR NOVOS CAMPIÓNS DE LIGA


Felicitamos ós nosos compañeiros do cole, Aitor e Óscar que o  pasado venres 9 de xuño proclamáronse gañadores da
Copa da Deputación de Pontevedra  e da Liga na categoría alevín de fútbol base.
Os dous levan xa algúns anos xogando ó fútbol e nesta tempada  a liga foilles moi ben, adestraron moi duro dous días a semana co seu equipo Tomiñes de "A.D. Tomiño".


Aitor como bo dianteiro encaixou dous goles moi importantes na semifinal e na final.
 
                           Noraboa polos vosos éxitos!!!



jueves, 15 de junio de 2017

DEPORTE ARTISTICO SOBRE RODAS



Chamome Laura, gústame moito patinar e por iso animeime a  entrenar nun club de patinaxe artística. O meu club chámase RIBEX  con eles aprendo e me divirto   moito,  ademais este ano probei  unha modalidade que se chama SHOW e xa conseguín algúns trofeos: 
  1. En  Redondela subindo acadando o 2º posto.
  2.  En Mos  1º posto.
  3.  Na Coruña subindo ó 2º posto
Na foto levo colgada a medalla que logrei na Coruña, unha recompensa a sesións de entrenamento durante todo o curso, fíxome moita ilusión. Invítovos a participar neste deporte porque é moi bonito, poñeredes o corpo en forma e  o pasaredes xenial co voso equipo.
A continuación vos deixo  un video dun show do meu clube, e do meu grupo, a ver se me atopades..

Vídeo actuación  grupo Ribex Pereza. Pavillón de Riazor A Coruña             video actuación club Ribex

martes, 30 de mayo de 2017

XX FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O vindeiro venres celebramos o festival número XX das Letras Galegas no auditorio de Goián.
Se podedes vir, non perdades a oportunidade.



martes, 16 de mayo de 2017

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

       O POETA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO ESTIVO NO NOSO COLE!!!!!

O venres 28 de abril visitounos o poeta Antonio García Teijeiro. Antes de que o autor chegara, decoramos a biblioteca con globos que tiñan palabras escritas dos seus poemas. Ademáis cada neno e cada nena escolleu o seu poema preferido e os penduramos na biblioteca.
O  autor recitounos algúns dos seus poemas. Fíxonos algúns xogos e asinounos o libro "Na fogueira dos versos " e tamén o libro de visitas da nosa biblioteca.

PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!


lunes, 15 de mayo de 2017

XORNADAS TENIS DE MESA

Felicitar a tódolos participantes na competición de Tenis de Mesa e moi especialmente ós xogadores do noso cole, para os pouquiños que pasaron a seguinte fase, agora toca concentrarse no Campionato Provincial que se disputará este sábado pola maña de 9:30h a 14:00h no pavillón de Sobrada; moita sorte a todos e o máis importante disfrutar do deporte. Aqui vos deixamos algunhas fotos e os clasificados para o provincial.

AGRADECEMENTOS DE SAVE THE CHILDREN

A ONG Save the children agradécelle ó CEIP de Sobrada e á toda a súa comunidade educativa a participación nas carreiras solidarias programadas polo día da Paz.








lunes, 8 de mayo de 2017

CLASIFICACIÓNS TENIS DE MESA

Listado de clasificados para a xornada final de tenis de mesa que se vai a celebrar o vindeiro mércores 10 de maio

                                                     CLASIFICACIÓNS

lunes, 1 de mayo de 2017

CARREIRA SOLIDARIA 2017

Para conmemorar o día da Paz celebramos unha carreira solidaria en colaboración coa ONG Save the Children.
Ó final recaudouse un total de 963,25 €.
Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar.


PONLLE PILAS Ó TEU BOCATA

Actividade enmarcada dentro da actuación do plan proxecta, Aliméntate Ben. Ensináronnos as propiedades alimenticias de distintos alimentos e peixes do noso entorno, rematando cunha degustación dun bocadillo.

jueves, 20 de abril de 2017

Carreira San Telmo

 
O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2017, no Paseo da  Corredoira de Tui.
Os que estades inscritos podedes recoller  o voso dorsal ata 15 minutos antes da vosa carreira. Os dorsais estarán na zona de oficina nun mesmo sobre para os anotados polo Ceip de Sobrada.

 Carreiras e categorías:
Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/01 ás 11:00h).
Senior ( 5000m  nacidos 82/99 ás 11:00h).
Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 81.
Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 02/03/04/05 ás 12:00h).
Alevíns (700 m nacidos 2006/2007 ás 12:15h).
Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2008/2009 ás 12:30h).
Prebenxamín (  175 m nacidos 2010/2011 ás 12:45h).
Pitufos ( 100m nacidos nos anos 12/13/14 ás 13:00h).

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.
Poderedes atopar máis información na web do club atletismo Tui

martes, 18 de abril de 2017

ACCIÓN DE VERÁN 2017

Un ano máis está aberto o prazo de inscrición para solicitar os campamentos de verán (de 9 a 18 anos) e os campos de traballo en Galicia, España e no estranxeiro (de 18 a 30 anos).
Para máis información clica na seguinte imaxe.




jueves, 6 de abril de 2017

TOMIÑO NO CAMIÑO

Breve resumo en imaxes da 1ª etapa deste proxecto conxunto ó CEIP Pintor Antonio Fernández. Nesta ocasión visitamos o colexio de Goián e disfrutamos coas actividades que nos tiñan preparadas. Despois, comezamos a andaina dende Goián ata Tomiño, coñecendo diferentes monumentos importantes que nos atopamos neste camiño ( fortaleza de Goián, torre dos ratos, cruceiro da barca, igrexa de Estás, Igrexa de Sta. Mª de Tomiño...).

Lembrade que podedes visitar o blog de Tomiño no Camiño en onde se poden ver moitííísimas máis actividades que estamos realizando conxuntamente. O enlace está á vosa dereita.

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017-2018