miércoles, 27 de mayo de 2009

XII XORNADAS CULTURAIS: O FESTIVAL DO COLE

ATENCIÓN FAMILIAS!!
Este Venres día 29 de Maio imos celebrar, no auditorio de Goián, o FESTIVAL DAS XORNADAS CULTURAIS 2009!! Non podedes faltar, xa que os vosos fillos/as, sobriños/as, netos/as,... levan tempo preparando marabillosas e sorprendentes actuacións para esta data. Lembrade que o festival comeza ás 11:30. Aqui tedes o programa coa orde de actuación dos rapaces.
ESPERÁMOSVOS!!
Festival

martes, 19 de mayo de 2009

MULTIDEPORTE 2º ciclo



Os nenos e nenas de 3º tamén participamos na actividade de multideporte, na que xogamos a moitos deportes, nesta última xornada estamos participando co colexio de Pedro Caselles.

NO PORTO DE VIGO

domingo, 17 de mayo de 2009

17 MAIO, DÍA MUNDIAL DE INTERNET

O día de Internet celébrase en España o 17 de maio, impulsado pola Asociación de Usuarios de Internet. A sua iniciativa foi acollida por diferentes asociacións españolas que pensaron na importancia de dar a coñecer as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e dos seus cidadáns.
Visitar enlace:
www.diadeinternet.org


UN TABLET PC PARA CADA ALUMNO

PROMESA DO PRESIDENTE

sábado, 16 de mayo de 2009

TEATRO INFANTIL: "LA GALLINA CHURRA"

O Luns 11 de Maio os nenos/as de Infantil asistiron a unha representación de teatro no Centro Cultural Caixanova de Vigo titulada: "LA GALLINA CHURRA". Trátase dunha adaptación do conto infantil escrito polo galego Xan López, que conta a historia de cómo unha galiña chamada Churra, atemorizada pola ameaza dunha culebra, vaise disfrazando de distintos animais para pasar desapercibida. Pero nada serve, entón ela, coa axuda do seu amigo Ratorratón, terá que enfrontarse á culebra. Un espectáculo cun fío instrumental sinxelo de comprender, a través da linguaxe universal dos títeres onde a música e as cancións populares xogan un papel importante para conseguir que os nenos e as nenas se poidan converter en verdadeiros participantes da obra. O espectáculo trata temas coma o respeto á pluralidade e á tolerancia ante o feito diferencial; a amizade, por riba dos xéneros ou as clases; a solidariedade coma fin en si mesma e o fomento da imaxinación e a creatividade como forma eficaz de enfrontarse ós problemas.

viernes, 15 de mayo de 2009

MÁIS LETRAS GALEGAS 09


Visitar enlaces:
www.filosofia.org/ave/001/a072.htm

CORRELINGUA 2009

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Visitar enlace: www.correlingua.org/main.aspx

martes, 12 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a RAMÓN PIÑEIRO.

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

O filósofo e político Ramón Piñeiro (1915-1990) xogou un papel básico na política e a cultura galega do século XX, especialmente dende a posguerra. Foi fundador de Editorial Galaxia e codirector da Revista Grial. Como autor, adoptou preferentemente unha perspectiva filosófica, dende a que abordou o tema da saudade, en obras como "Filosofía da saudade."

Para coñecer un pouquiño da súa vida e obra aquí tedes este video e os enlaces que se citan a continuación.

OLLADAS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO


Para saber máis:
http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Pi%C3%B1eiro
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados/escritores/ramon_pineiro_lopez.html
http://www.seminariogalan.org/
http://www.realacademiagalega.org/letters/GoToHistory.do