domingo, 28 de junio de 2009

UNHA OLLADA Ó PASADO



Exposición de libros,xoguetes e máis curiosidades antigas.

jueves, 25 de junio de 2009

XOGOS POPULARES


Como xa vén sendo habitual,o último día de clase organizouse unha xornada de xogos populares dirixida polo alumnado de sexto.

lunes, 22 de junio de 2009

A PRIMAVERA


Traballo feito polo alumnado de sexto inspirado na temática da primavera e coa técnica do pastel

lunes, 15 de junio de 2009

VIDEOCONFERENCIA CO CEIP AS SOLANAS


O alumnado de sexto realizou unha videoconferencia co alumnado do mesmo curso do CEIP As Solanas de A Guarda. Desta maneira puideron coñecer e falar cara a cara cos compañeiros/as da Guarda, cos cales xa tiveran contacto por cartas durante o curso. Cada alumno/a despois de presentarse e falar un pouco das súas aficións recomendaba algún libro de lectura.





jueves, 11 de junio de 2009

CIRCUS´ WORLD

Murais feitos polo alumnado de 2º coa temática do circo, á cal se chegou a través do mundo da maxia.

miércoles, 10 de junio de 2009

ESCOLA DE FUTBOL, FUNDACIÓN CELTA DE VIGO


A Fundación Celta de Vigo achegouse unha mañá por o noso cole e puxo en practica unha batería de actividades relacionadas co fútbol, coas que poidemos perfeccionar algúns golpeos.
Tamén animáronnos a participar no proxecto Campus de Verán 09 que se desenvolverá durante os meses de vacacións.

martes, 9 de junio de 2009

OBRADOIRO DE XOGOS E XOGUETES DE ANTES


Nestas xornadas culturais adicadas ó tempo de lecer, os nenos e nenas do terceiro ciclo prepararon un obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais no que participamos todo o alumnado do colexio.

TRANSPORT

Os nenos e nenas de Primeiro fixeron este traballo relacionado cos medios de transporte en inglés: a súa clasificación e algunhas das partes.

OBRADOIROS 2.009: CERA


Outro dos obradoiros ó que os alumnos/as tiveron o pracer de asistir nestas Xornadas Culturais foi o de cera. O monitor, Jose, ensinoulles o arte de facer velas con distintos materiais: flores secas e aromáticas, pinturas de cores, restos de cera...Ademáis participaron facendo eles mesmos unha vela enroscando unha plancha de cera de abella e deixando a mecha no medio para despois prendela. Toda unha experiencia!!

lunes, 8 de junio de 2009

OBRADOIROS 2009: MACRAMÉ

Macramé é unha palabra de orixe francés que significa "nó", de aí que se coñeza como a arte de facer nós. É unha arte moi antiga na que se empregan só as mans. Basicamente emprégase o nó plano ou nó "cote", creando cenefas ou trenzas. Os materiais que se precisan son fío, unha superficie na que suxeitalo e algo con que suxeitalo, como poden ser alfinetes. Aquí se pode ver unha mostra do que fixo o alumnado do 2º ciclo coa axuda da súa monitora.

OBRADOIROS 2.009: BARRO


Con motivo da XII edición das Xornadas Culturais, leváronse a cabo diferentes obradoiros coma este de barro, que resultou moi interesante para os nenos.

jueves, 4 de junio de 2009

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Como ven acontecendo desde 1972, o día 5 de xuño é a data coa que a Organización de Naciones Unidas conmemora en todo o planeta o Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta edición, o lugar de celebración escollido é Nova Zelanda e o tema sobre o que pivota a reflexión sobre a sostibilidade e o uso crítico e responsable dos recursos humáns será a promoción das economías con menor uso do carbón.


O lema para este ano invítanos a todos e a todas nós a facer un uso contido e responsable das enerxías non renovabeis. Ao mesmo tempo, a súa clara vinculación co cambio climático incide nas posibilidades de concienciación do noso alumnado con este tema.
Visitar enlace:
www.un.org/depts/dhl/spanish/environment/



FESTIVAL CEIP SOBRADA 2009


Auditorio de Goián, 29 de Maio de 2.009

miércoles, 3 de junio de 2009

RAP DO 3º CICLO: "FIN DE SEMANA"


Aqui tedes un anaco da actuación do 3º ciclo. Menuda marcha! É unha pena non tela enteira. Problemas de batería...

martes, 2 de junio de 2009

TEATRO 2ºCICLO: "OS MÚSICOS DE BREMEN"


Representación teatral do famoso conto "Os músicos de Bremen" dos irmáns Grimm, interpretada polo alumnado do 2º ciclo.

TEATRO INFANTIL: "A VIAXE DAS BOLBORETAS"


Representación teatral do conto "A viaxe das bolboretas" interpretada polos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.

lunes, 1 de junio de 2009

NESE CAMPO NACEN FLORES


Canción tradicional asturiana sacada dunha versión de Lucas 15, gracias á colaboración de Ana Rodríguez, nai de dúas alumnas e mestra de guitarra. A canción é interpretada polo alumnado de terceiro coa colaboración da profe Eva. Que bonito é poder xuntar a nais,alumn@s e mestres.

AS FADAS QUE TE FADEN


Canción de Uxía Senlle interpretada polo alumnado do primeiro ciclo.

WITH OUR OWN TWO HANDS


Os nenos e nenas de cuarto interpretan unha versión dunha bonita canción de Ben Harper e Jack Johnson.Agora podemos sacar a espiña dos problemas técnicos que tivemos co vídeo desta interpretación o día do festival.Problemas do directo.

A MAXIA DO PLANETA


Canción composta integramente polo alumnado do primeiro ciclo.
Lástima de fallar o pandeiro no último momento,pero con est@s nen@s dan igual os fallos técnicos que se adaptan a calquera cousa que faga ruido.