MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS
sábado, 31 de octubre de 2015
THE ORIGINS OF HALLOWEEN
O alumnado de 5º cóntannos algo sobre as orixes de Halloween e a súa celebración nos Estados Unidos.
miércoles, 2 de septiembre de 2015
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Publicado o pasado martes 1 de setembro a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, E.S.O., e E.E., en centros sostidos con fondos públicos para o curso 15/16.
Destinada a alumnado de Educación Primaria, E.S.O. e E.E.
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€
Prazo de solicitude 2-9-2015 ata 1-10-2015
Contía da axuda 50€
Recollida e entrega de impresos no centro
miércoles, 1 de julio de 2015
APRENDIZAXE COOPERATIVA
Os días 1 e 2 de xullo celébrase en Vigo o III Simposio nacional de Aprendizaxe Cooperativa, no cal participa profesorado do noso colexio coma asistentes e coma comunicadores das experiencias que levan a cabo. Organiza a Universidade de Vic coa colaboración do Centro de Formación e Recursos do profesorado de Vigo.
Podedes seguir as novas en twitter: #IIIsimposioCAAC
Podedes seguir as novas en twitter: #IIIsimposioCAAC
miércoles, 24 de junio de 2015
XV XORNADAS DE XOGOS POPULARES
Rematamos o curso cunha xornada de xogos populares, xa van 15 edicións!! dirixida polo alumnado de 6º curso que coma sempre, conseguen que o pasemos xenial.
martes, 23 de junio de 2015
TURONIA 2015
Un curso máis, e xa vamos na 15 edición!! o alumnado de 6º de todoslos centros do concello de Tomiño, realizou un percorrido dende Sobrada a Goian no que afondaron en distintos aspectos do coñecemento do noso entorno.
O fío conductor "As escolas da emigración".Agradecemos a profe Melisa permitirnos lembrar con este vídeo esta maravillosa saída.
martes, 16 de junio de 2015
LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-2016
EDUCACIÓN INFANTIL
|
|
SEN LIBROS
|
|
EDUCACIÓN PRIMARIA
|
|
1º PRIMARIA
|
MATEMÁTICAS 1
“Aprender es crecer” (en
castelán) ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-6503-5 |
MÚSICA:
“XOGRAR 1” ( Galego )-Século XXI. Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-116-2 |
|
RELIXIÓN
CATÓLICA 1 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7604-8 |
|
2º PRIMARIA
|
MATEMÁTICAS 2
“Aprender es crecer” (en castelán)
ED. ANAYA (1º, 2º e 3º trimestres)
ISBN ………… 978-84-678-7422-8 |
MÚSICA:
“XOGRAR 2” ( Galego )-Século XXI. Editorial Galinova.
ISBN ........... 978-84-9737-117-9 |
|
RELIXIÓN
CATÓLICA 2 (en castelán) ED. ANAYA
ISBN ………… 978-84-678-7606-2 |
lunes, 15 de junio de 2015
FALA SIGNADA EN INFANTIL
Un dos talleres cos que contamos en Infantil é o TALLER AUDIOVISUAL, a través do cal o equipo de orientación do colexio ensinoulle aos nenos/as distintos signos que podemos utilizar para comunicarnos. Ollade que expresivos son estes rapaces!
martes, 7 de abril de 2015
lunes, 23 de marzo de 2015
martes, 10 de marzo de 2015
DINAMIZACION DEPORTIVA EN RANDUFE
O pasado 4 de marzo os nenos e nenas de 4º e 5º desprazamonos ata Radufe para celebrar unha xornada de dinamización deportiva, xogamos a balonman, voleivol, baloncesto, fútbol e bádminton.Nos, os de cuarto sudamos para gañar en fúbol e en bádminton e contentounos moitisimo, os de quinto só perderon en fútbol.
Encatounos esta experiencia porque é divertida,coñocemos a outros nenos e nenas e aprendemos a xogar.Gustaríanos repetir neste curso,a ver se temos sorte e nos toca.
martes, 3 de marzo de 2015
O TEMPO DE OCIO E LECER
Durante o primeiro trimestre deste curso, nos talleres "O TESOURO DA INFORMACIÓN" e "O PRACER DE MIRAR E DE CREAR", os nenos e nenas levaron a cabo un proxecto relacionado co tema transversal da escola neste ano académico "O TEMPO DE OCIO E DE LECER".
Buscaron información sobre cales eran os entretenementos antes e agora, nas vilas e nas cidaes, as coleccións, os xogos, os parques, os lugares de reunión...
Bueno, o mellor é que vexades este video con imaxes de todo o proceso e os resultados.
Tamén podedes visitar a nosa exposición no primeiro andar do colexio, ou pedirnos que vos demos unha conferencia sobre o aprendido!
Esperamos que vos guste.
sábado, 28 de febrero de 2015
ADMISIÓN DE ALUMNADO 2015-2016
Postos escolares ofertados
CURSO
|
PRAZAS OFERTADAS
|
4º Educación Infantil
|
22 prazas + 3 alumnado con
necesidade específica de apoio educativo.
|
5º Educación Infantil
|
13 prazas
|
6º Educación Infantil
|
15 prazas
|
1º Educación Primaria
|
5 prazas + 3 alumnado con necesidade
específica de apoio educativo.
|
2º Educación Primaria
|
16 prazas
|
3º Educación Primaria
|
5 prazas
|
4º Educación Primaria
|
23 prazas
|
5º Educación Primaria
|
19 prazas
|
6º Educación Primaria
|
23 prazas
|
-
Prazo de presentación de solicitudes
de admisión (alumnado que non fixo reserva de praza): 2-23 de marzo
Cada alumno/a só pode presentar unha
única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. O
incumplimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que
poidan corresponderlle.
O alumnado que teña garantía de
permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto
deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun
centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a
renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de
admisión.
-
Prazo de presentación de documentación
xustificativa dos criterios alegados para o baremo ( de ser o caso): do 25 de
marzo ao 7 de abril
-
Publicación listados provisionais de alumnado admitido e
non admitido: Antes do 25 de abril.
-
Publicación listados definitivos de alumnado admitido e
non admitido: Antes do 15 de maio.
-
Prazo de formalización de matrícula: 20-30
xuño.
Centros
adscritos: C.R.A. de
Tomiño (Aula de Carregal, Aula de Taborda e Aula de Amorín)
Centro
ao que estamos adscritos:
I.E.S. de Tomiño
Área
de influencia do centro: Etapa
de Educación Infantil (Parroquias de Sobrada, Currás e Piñeiro)
Etapa de Educación Primaria
(Parroquias de Sobrada, Currás, Amorin, Piñeiro e Taborda)
Servizo
complementario: Transporte
escolar.
lunes, 23 de febrero de 2015
CARREIRA SOLIDARIA CEIP DE SOBRADA
O CEIP de Sobrada conmemora o Día
da Paz cunhas Carreiras Solidarias
No pasado 5 de febreiro o CEIP de Sobrada
organizou unhas Carreiras Solidarias, en colaboración coa ONG Save the Children,
O lema neste ano era : Corremos xuntos para
combater a fame, polos dereitos das crianzas de Malí.
Os
nenos e nenas buscaron patrocinadores que se ofreceron a darlle “x”cartos
por voltas a un circuito determinado, unha vez rematada a carreira ensínanlle
aos patrocinadores un carné coas voltas dadas.
Na escola recollemos o diñeiro e facémosllo
chegar a Save The Children.
Todo este esforzo solidario converterase en
suplementos alimenticios e recursos para as familias dos nenos e nenas de Malí
ata que cheguen as próximas colleitas,
tamén en vacinas e medicamentos.
Queremos agradecer aos patrocinadores porque
grazas a eles recadamos máis de 950€, e, con todo isto, pretendemos lembrar aos adultos que todas as
crianzas do mundo teñen os mesmos dereitos e que a nosa obriga como adultos é
facer que se respecten, evitando a fame, a pobreza e a guerra.
XORNADA DE DINAMIZACION CEIP DE TEBRA-CEIP DE SOBRADA
Xa comenzaron as agardadas xornadas de dinamización deportiva entre centros da zona do Baixo Miño!!!
Desta vez os primeiros foron os afortunados alumnos de 4º e 6º que xogaron cos compañeiros do CEIP de Tebra. Unha intensa mañá na que houbo oportunidade de gañar e de cando en vez, perder partidos e tamén como non, convivir con outros nenos e nenas.
domingo, 8 de febrero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)