martes, 30 de mayo de 2017

XX FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O vindeiro venres celebramos o festival número XX das Letras Galegas no auditorio de Goián.
Se podedes vir, non perdades a oportunidade.



martes, 16 de mayo de 2017

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

       O POETA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO ESTIVO NO NOSO COLE!!!!!

O venres 28 de abril visitounos o poeta Antonio García Teijeiro. Antes de que o autor chegara, decoramos a biblioteca con globos que tiñan palabras escritas dos seus poemas. Ademáis cada neno e cada nena escolleu o seu poema preferido e os penduramos na biblioteca.
O  autor recitounos algúns dos seus poemas. Fíxonos algúns xogos e asinounos o libro "Na fogueira dos versos " e tamén o libro de visitas da nosa biblioteca.

PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!


lunes, 15 de mayo de 2017

XORNADAS TENIS DE MESA

Felicitar a tódolos participantes na competición de Tenis de Mesa e moi especialmente ós xogadores do noso cole, para os pouquiños que pasaron a seguinte fase, agora toca concentrarse no Campionato Provincial que se disputará este sábado pola maña de 9:30h a 14:00h no pavillón de Sobrada; moita sorte a todos e o máis importante disfrutar do deporte. Aqui vos deixamos algunhas fotos e os clasificados para o provincial.

AGRADECEMENTOS DE SAVE THE CHILDREN

A ONG Save the children agradécelle ó CEIP de Sobrada e á toda a súa comunidade educativa a participación nas carreiras solidarias programadas polo día da Paz.








lunes, 8 de mayo de 2017

CLASIFICACIÓNS TENIS DE MESA

Listado de clasificados para a xornada final de tenis de mesa que se vai a celebrar o vindeiro mércores 10 de maio

                                                     CLASIFICACIÓNS

lunes, 1 de mayo de 2017

CARREIRA SOLIDARIA 2017

Para conmemorar o día da Paz celebramos unha carreira solidaria en colaboración coa ONG Save the Children.
Ó final recaudouse un total de 963,25 €.
Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar.


PONLLE PILAS Ó TEU BOCATA

Actividade enmarcada dentro da actuación do plan proxecta, Aliméntate Ben. Ensináronnos as propiedades alimenticias de distintos alimentos e peixes do noso entorno, rematando cunha degustación dun bocadillo.